Páginas

domingo, 28 de febrero de 2021

Mulleres reais que deixaron pegada

"A todas as nenas do mundo queremos decirlles: soñade con grandes cousas, aspirade a máis, loitade con FORZA e, ante a dúbida, lembrade isto: estádelo facendo ben"

sábado, 27 de febrero de 2021

Educación emocional nas distintas aulas

Material proporcionado ós distintos niveis educativos para traballar a educación emocional.

Dereitos dos nenos/as

Pictogramas para traballar os dereitos dos nenos/as para o alumnado con dificultades para o acceso á lectoescritura.

A separación e os nosos fillos/as

O premer no título prodúcese a descarga da mesma. Fálanos de distintas pautas a utilizar para facer o proceso o máis levadeiro posible.

viernes, 26 de febrero de 2021

Informar non é acusar

Fotografía da presentación na que se amosa a diferenza existente entre informar e acusar.

martes, 23 de febrero de 2021

Proxecto Cidades Amigas

 Bos días a todas e todos,

    Desde o Concello de Ribadavia, levamos un ano traballando no recoñecemento do noso municipio dentro do marco dos proxectos de Cidades Amigas da Infancia que avala UNICEF. 

    Na seguinte ligazón, podedes ver, tanto as presentacións xerais de Cidades Amigas da Infancia:

ciudades amigas

Convocatoria ciudadesamigas

    Temos diferentes obxectivos a cumplir, entre outros, a elaboración dun diagnóstico sobre a situación da mocidade (infancia e adolescencia). Grazas aos resultados do diagnóstico, queremos elaborar e por en marcha un Plan Municipal da Infancia e a adolescencia en Ribadavia.

    Este proxecto pretende ofrecer ao noso municipio un lugar de atención e expresión para a mocidade coa creación dunha "Mesa Interdepartamental da Infancia" dentro do Concello de Ribadavia e dun "Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia".

    Agora mesmo, estamos a traballar na elaboración dun diagnóstico sobre a situación da infancia e da adolescencia. Necesitamos a vosa colaboración, para poder recopilar o máximo de datos posibles e así facer un bo tratamento dos datos e acadar así, o mellor resultado posible. Para todo isto, creamos unha enquisa con diferentes puntos, que abarcan todos os aspectos que pertencen a vida cotiá da infancia e adolescencia Ribadaviense.

    Desde o Concello de Ribadavia, agradeceriámosvos a realización desta enquisa coas vosas fillas e os vosos fillos: 

    Enquisa destinada a Infancia e adolescencia:

https://docs.google.com/forms/  

* No caso de ser moi complicada a enquisa que enviamos (por non estar a vosa ou voso fillo/a en idade de contestar ao formulario), fixemos unha enquisa, que as nais ou pais podedes contestar, tendo en conta na medida do posible, a opinión  das e dos menores:  

    Enquisa destinada a nais/pais

https://docs.google.com/forms/

Grazas de antemán pola vosa colaboración.

Un cordial saúdo.

Proxecto





Contos

Contos cursos para os máis pequenos





Trípticos sobre dificultades na fala

 Material realizado para proporcionar pautas para traballar as dificultades de articulación nos sons que forman parte da fala.

Disfemia
Tríptico Disfemia

Interior
Parte interior con distintas pautas


Estimulación do padal brando




Pautas de estimulación

Recursos para traballar o acoso escolar

 Despois de facer una formación sobre o tema, quero compartir unha serie de recursos moi interesantes . Espero que vos sexan de axuda!

Acoso



Eu son muller

 Colaboración feita cos Servicios Sociais do concello de Rivadavia. Distintas aulas elaboraron uns  debuxos. Despois da selección dos mesmos, dúas alumnas escribiron a letra da canción. Moitas grazas ós distintos niveis!

Eu son muller



Adquisición material

   En ocasións, utilizamos recursos de elaboración propia. Para o material de tipo funxible e outros acudimos as seguintes librerías:
    Debido a situación sanitaria, acuden ó centro para proporcionar dito material, o cal é de agradecer.

Caixa de correos de convivencia


 Vídeo que amosa o funcionamiento de dita caixa. Está realizado polo CEIP  A Maía Bertamiráns. A canción que o acompaña é todo un clásico "Luka". Dita melodía versa sobre a violencia.



Symbaloo con recursos sobre conducta en educación infantil e primaria

    Recopilación de recursos para prevención e intervención no ámbito da conducta en Educación Infantil e Primaria.



Gabinetes educativos

    O apoio escolar pode definirse como a axuda individualizada a un alumno/a que, durante un tempo breve ou ó longo de todo o curso escolar, necesita complementar a formación recibida no centro educativo fóra do sistema. A complementariedade é o punto clave da definición de apoio educativo.
    Un dos erros máis comúns é o de confundir o reforzo escolar coas clases particulares. Trátase de dúas opcións formativas que non todos os profesores/as son capaces de exercer. O reforzo escolar consiste en ter un profesor/a que axuda cos deberes, repaso e posta ó día das materias.
    As clases particulares teñen por obxectivo brindar unha ensinanza personalizada na que se adquiren novos coñecementos.
    As clases de reforzo escolar inclúen unha gran variedade de servizos.
    Periódicamente, temos reunións de seguemento cos distintos gabinetes educativos cos que traballan os nosos alumnos/as:

Programa de educación emocional

 Programa de educación emocional para as distintas etapas educativas.


     A aprendizaxe esperada é a de reconocer e expresar características persoais, o noso nome como somos físicamente, o que nos gusta e o que non.

jueves, 18 de febrero de 2021

Educación socioemocional

    Mediante a actividade programada recoñecemos e expresamos características persoais: o noso nome, como somos físicamente, o que nos gusta, que non nos gusta...