Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
miércoles, 18 de junio de 2025
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións centráronse nos hábitos máis sinxelos,pero básicos para manter unha boa saúde bucodental.
Tamén falouse da importancia da dieta para a saúde dos dentes, así como da rutina diaria de tres cepillados. Os nenos/as recolleron moi ben a información que lles deron, e tamén é certo que cada vez máis os pais/nais traballan xa na casa a limpeza e a hixiene. Ao finalizar a formación máis teórica (de maneira lúdica), os alumnos/as laváronse os dentes (de xeito simbólico) e amosaron o aprendido. O obxectivo era identificar o que é bo e malo para a súa boca, e que aprendan a lavar os dentes.
martes, 3 de junio de 2025
Xornada de acollida
O día 3 de xuño de 11:45 a 13:30 da mañá, co obxectivo de acadar unha mellor transición entre as etapas e reducir a posible inquedanza que isto poida ocasionar no alumnado, organizouse unha visita guiada polas instalacións do IES para o alumnado de 6º de Educación Primaria.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.
