Neste 2º trimestre tivemos unha intervención no centro escolar para o alumnado de 6º de Educación Primaria.
Dita intervención foi realizada por unha persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa Apuntámonos a non beber.
Fíxose fincapé na análise con espírito crítico da publicidade de bebidas alcohólicas e en ter coñecementos básicos da Lei 11/2020, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.