Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
jueves, 17 de octubre de 2024
Explicar o TDAH aos nenos/as
Para comezar, convén destacar que o neno/a con TDAH é precisamento iso, un neno/a. Polo tanto, ten as mesmas necesidades que todos os seus iguais, incluíndo a de sentirse querido/a, incluído/a e apoiado/a. O primeiro que pode aportar a outros nenos/as máis alá de que presente un trastorno ou non, é unha amizade sincera, sa e duradeira.
jueves, 10 de octubre de 2024
Mesa de Coordinación
O pasado venres 10 de outubro, participamos na reunión da Comisión para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero. Realizamos propostas de actuacións cara a prevención e tratamento de dita violencia nas diferentes institucións e sectores poboacionais.
Coordinación gabinetes externos ao centro
Nos centros coinciden alumnos/as que requiren dun apoio integral (intelectual, social e emocional), nenos/as con necesidades educativas especiais, ou mesmo , familias que demandan un tipo de orientación. Por iso é vital contar con apoios que brinden un soporte continúo para favorecer o benestar físico e emocional dos nenos/as.
Os gabinetes externos son unha ferramenta moi útil para alcanzar a máxima calidade educativa, fomentando e levando a cabo unha serie de actividades e programas centrados nunha atención individualizada (como a labor realizada polo Departamento de Orientación).
viernes, 4 de octubre de 2024
Coordinación Servizos Sociais do Concello
Todos os meses, a xefatura do departamento de orientación coordínase cos Servizos Sociais do Concello. Dita reunión constitúe un apoio para o centro educativo. Abordamos situacións de vulnerabilidade social, facilitando a integración do alumnado pertencente a minorías, detectando situacións de risco (problemas emocionais, absentismo escolar, ploblemáticas sociofamiliares...) e favorecemos a participación das familias na comunidade educativa.


