Páginas

lunes, 23 de septiembre de 2024

Equipo de mediación

Ao londo desta semana comezará a funcionar o equipo de mediación. Dita medida educativa axuda ao alumnado a resolver os seus conflitos dunha forma pacífica, a través do diálogo e buscando xuntos solucións satisfactorias para ambas partes. De novo, os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria participarán na implementación de dita medida.

Caixa de correos de convivencia

Durante este día explicamos o funcionamento da nosa caixa de correos de convivencia. É unha ferramenta de comunicación co obxectivo principal de recoller información que doutra maneira non se expresaría. Ademais deste propósito persegue outros como: Recoller as suxerencias de todos/as para que o noso centro sea inclusivo e amable e facer sentir a calquera que poida sufrir no noso centro que non está só e que se lle escoita.