Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
martes, 28 de noviembre de 2023
Apuntámonos a non beber
O pasado martes 28 de novembro, desenvolveuse no noso centro o programa: "Apuntámonos a non beber".
Dito programa ten como obxectivo previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en menores de idade, atrasar a idade do seu comezo e, no caso de que xa se iniciase o consumo, indicar os pasos a seguir para modificar as pautas educativas e de conduta relacionadas co mesmo.
Neste 1º trimestre fíxose unha intervención para o alumnado de 6º de Educación primaria por parte da persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa.
viernes, 24 de noviembre de 2023
Plan Director
O pasado vernres 24, axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado impartiron charlas informativas para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
A temática estaba relacionada coa violencia sobre a muller e as drogas e o alcol.
jueves, 23 de noviembre de 2023
Campaña de sensibilización e prevención da violencia de xénero
O pasado mércores 22 de novembro, a Cruz Vermella de Ribadavia impartiu unhas charlas para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
No marco da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, Cruz Vermella quere visibilizar os actos de violencia contra as mulleres, especialmente aqueles que non deixan marcas nin secuelas visibles, pero sí mancan no ámbito emocional e provocan o deterioro da saúde emocional e a vida das mulleres que o sofren. A violencia segue sendo un problema social que está máis presente que nunca nas palabras, os insultos, a manipulación e o control, que non soamente afecta ás mulleres que o sofren a curto prazo, senón que ten un efecto duradeiro na forma na que se relacionan, no seu autoconcepto e na súa autoestima.
viernes, 17 de noviembre de 2023
Mesa de Coordinación
O pasado venres 17 de novembro, participamos na reunión da Comisión para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero.
Realizamos propostas de actuacións cara a prevención e tratamento de dita violencia nas diferentes institucións e sectores poboacionais.
miércoles, 15 de noviembre de 2023
O monstrúo de cores
Ao longo da primeira infancia, os nenos/as ás veces están confundidos polas novas sensacións e cústalles identificalas e canalizalas. O monstrúo de cores é unha magnífica ferramenta para axudar a interpretar axeitadamente cada sentimento e deste xeito saber como actuar en cada momento.
Na aula cada neno/a debuxou o monstrúo co cal se identificaba.
viernes, 10 de noviembre de 2023
A hora das preocupacións
Estamos de acordo en que debemos escoitar aos nenos/as e intentar axudarlles a resolver os seus conflictos, pero cando o que lles preocupa comeza a ser un problema porque son cousas que non xustifican os seus temores, debemos cambiar de estratexia.
A hora das preocupacións, en que consiste?
Determinamos que o único momento do día no que se pode falar de todo o que lles preocupa son as seis da tarde (por exemplo).
Se pola mañá o neno/a levántase e comeza a preocuparse porque ten que ir ao colexio, porque un dos seus compañeiros/as non é o seu amigo/a, porque non se sabe unha poesía, porque teme que lle rife o profesor/a... en lugar de pasar todo o o almorzo dicíndolle: "tranquilo/a todo vai a saír ben", cousa que de cando en cando serve de consolo, se lle dí que falaremos de todo eso na hora determinada.
Deste xeito aplazaremos ese momento no que a raíz dunha soa preocupación é capaz de entrar nunha espiral de agobio e ansiedade que desemboca frecuentemente en choro. Estámoslle ensinando a autocontrolarse.
Cando por fin chega a hora sinalada non recordará nin a metade das súas preocupacións.




