Páginas

jueves, 14 de septiembre de 2023

Caixa de correos de convivencia

A nosa caixa de correos de convivencia quere ser unha ferramenta de comunicación. O seu obxectivo prioritario é recoller información que doutra maneira non se expresa. Unha vez recollida dita información, activarase un protocolo de investigación e derivarase a onde corresponda. Ademais deste propósito persegue outros como: -Recoller as suxerencias de todos/as para que o noso centro sea inclusivo e amable. -Facer sentir a calquera que poida sufrir no noso centro, que non está só e que se lle escoita.

martes, 12 de septiembre de 2023

Visita ao CEE Miño

O pasado día 11 de setembro realizamos unha visita ao centro de Educación Especial Miño. Ofrece ensinanzas dirixidas aos alumnos/as con necesidades educativas especiais que non poden ser atendidas no marco das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios. Réxese polos principios de normalización e inclusión. Ademais, conta con profesionais e servizos que non ofrece ningún outro centro da provincia de Ourense.