Páginas

lunes, 5 de diciembre de 2022

Día da discapacidade

O pasado 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O obxectivo de dita celebración é a de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. Utilizáronse como recursos: A canción son especial:
O Vídeo Super Antonio:
O vídeo Super Lucía:
Tamén realizouse algún mural.

viernes, 2 de diciembre de 2022

Apuntámonos a non beber

O pasado día 2 de decembro fíxose unha intervención no centro educativo para o alumnado de 6º de educación primaria. Dita intervención foi realizada por unha persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa. Nesa intervención co alumnado e o profesorado implicado no programa explicouse con detalle en que consistía. O contido da sesión foi o seguinte: 1. Apuntámonos a non beber 2. Que é una adición 3. Por que o consumo de bebidas alcohólicas é un problema na nosa sociedade? 4. Que nos recomenda a OMS en relación co consumo de bebidas alcohólicas 5. As bebidas enerxéticas e a implicación para a saúde 6. Mitos sobre o consumo de bebidas alcohólicas e as bebidas enerxéticas