Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
viernes, 28 de octubre de 2022
Colexio Benquerer
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta de dita fundación para traballar a educación afectiva dunha maneira integral, cunha base de igualdade, respecto á diversidade, educación emocional e fomento do pensamento crítico.
lunes, 24 de octubre de 2022
Reunión Cruz Vermella Ribadavia
O pasado luns 24 de outubro mantivemos unha reunión coa Cruz Vermella do noso concello. Xurdiron diversas propostas para a organización do día do 25 de novembro.
Reunión Rede RAOGAL no IES Vilamarían
O pasado luns 24 de outubro realizouse no IES Vilamarían unha reunión da Rede RAOGAL.
A Rede RAOGAL é unha rede de orientación persoal e familiar de Galicia composta por unha serie de centros que prestan servizo a súa area de influencia. Teñen o obxectivo de "desenvolver actuacións de seguemento ao alumnado con maiores dificultades".
Esta Rede tamén serve de apoio e reforzo ao traballo dos máis de 4.000 profesionais adicados á orientación e ao reforzo educativo que diariamente traballan de forma ordinaria nos centros educativos galegos.
lunes, 10 de octubre de 2022
Equipo de mediación
A mediación é unha medida educativa que intentamos levar no centro para axudar ao alumnado a resolver os seus conflitos dunha forma pacífica, a través do diálogo e buscando xuntos solucións satisfactorias para ambas partes.
Os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria participarán na implementación de dita medida.
lunes, 3 de octubre de 2022
Caixa de correos de convivencia
Este curso comezou a funcionar (de novo) a nosa caixa de correos de convivencia. Quere ser unha ferramenta de comunicación. O seu obxectivo prioritario é recoller información que doutra maneira non se expresa. Unha vez recollida dita información, activarase un protocolo de investigación e derivarase a onde corresponda.
Ademais deste propósito persegue outros como:
-Recoller as suxerencias de todos/as para que o noso centro sea inclusivo e amable.
-Facer sentir a calquera que poida sufrir no noso centro, que non está só e que se lle escoita.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.




