Páginas

jueves, 29 de septiembre de 2022

Mesa de coordinación

O día 29 de setembro de 2022, participamos nunha mesa do coordinación para propoñer propostas de actuacións. Ditas propostas versaban sobre actuacións cara a prevención e tratamento da violencia de xénero nas diferentes institucións e sectores poboacionais.

viernes, 23 de septiembre de 2022

Promoción para o éxito escolar. Cruz Vermella Ribadavia

Para a vindeira semana, comeza a desenvolverse na Cruz Vermella de Ribadavio o programa "Promoción para o éxito escolar".Este proxecto está destinado a rapaces/as que presentan dificultades no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Durante as tardes, apóiaselles coas súas tarefas escolares, ofrecéndolles novos modos de comprender as asignaturas que lles resulten atractivos e útiles. Pero non todo ten que ver co relativo ás tarefas do colexio ou instituto! Hai tantas, tantísimas cousas máis ás que lle prestar atención, que non podiamos quedarnos só no apoio educativo. Por iso no proxecto de Promoción do Éxito Escolar desenvólvense talleres de hábitos saudables, de xestión emocional, de medioambiente e de ocio e tempo libre.

As vidas de Mario

O obxectivo destes vídeos é que todos/as entendamos como podemos axudar a certos rapaces/as a levar unha vida mellor, partindo por comprender en que consisten certas das súas características. Témonos que concienciar e facer máis por aqueles/as que teñen certas dificultades.

miércoles, 14 de septiembre de 2022

Plan de acollida en Educación infantil

Durante dúas semanas do mes de setembro, o departamento de orientación colaborou no desenvolvemento de actividades co alumnado de tres anos. Ditas actividades foron organizadas pola titora dentro e fóra da aula. Participamos en dito acompañamento para que non houbese dificultades na incorporación do alumnado.