Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
martes, 14 de junio de 2022
O ratiño das emocións
O Ratiño das emocións permítenos construír un recurso divertido co cal, podemos deslizar as emocións pola cara do rato para facerlle cambiar de expresión. Temos o rato enoxado, abraiado, contento, asustado, divertido, calmado, triste, e con medo. Cando os nenos/as rematen de armalo, contamos un conto. Facemos pausas nos momentos nos que o protagonista se enfronte a situacións emocionantes.
Desta maneira os nenos/as poderán pensar sobre as emocións dos demais e internalizar as razóns polas que alguén podería sentirse enoxado, triste ou contento. Proxectándose en situacións hipotéticas doutros, os nenos/as poderán ir desenvolvendo a súa empatía.
Xornada de acollida no IES
O día 14 de xuño de 10 a 11 da mañá, co obxectivo de acadar unha mellor transición entre as etapas e reducir a posible inquedanza que isto poida ocasionar no alumnado, organizouse unha visita guiada polas instalacións do IES para o alumnado de 6º de primaria.
miércoles, 8 de junio de 2022
Falemos de duelo
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.
martes, 7 de junio de 2022
Dani non quere ir ao cole
Neste conto abórdanse as emocións que sente unha nena ou neno cando non quere ir ao colexio. Dani axudará aos máis pequenos a superar eses medos.
viernes, 3 de junio de 2022
Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos
Hoxe alumnos/as de quinto e sexto de Educación Primaria tiveron a oportunidade de escoitar unha charla informativa sobre acoso escolar e violencia de xénero. A charla foi impartida por unhas persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade de Estado.
miércoles, 1 de junio de 2022
Empatía
Mediante o traballo da empatía, os alumnos/as aprenden a desenvolver a tolerancia, a comunicación e, como consecuencia, mellorar a convivencia escolar e aumentar a autoestima, así como reforzar o autoconcepto, mellorar as relacións interpersoais aumentando a prosocialidade e as propias habilidades sociais.
Non é meramente a realización de actividades gráficas. Éstas deben servir como elemento motivador da posta en escena de actividades interactivas e sociais.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.








