Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
lunes, 23 de mayo de 2022
Coordinación Cruz Vermella. Promoción do Éxito Escolar.
Este proxecto está destinado a rapaces/as que presentan dificultades no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Durante as tardes, apóiaselles coas súas tarefas escolares, ofrecéndolles novos modos de comprender as asignaturas que lles resulten atractivos e útiles.
Pero non todo ten que ver co relativo ás tarefas do colexio ou instituto! Hai tantas, tantísimas cousas máis ás que lle prestar atención, que non podiamos quedarnos só no apoio educativo. Por iso no proxecto de Promoción do Éxito Escolar desenvólvense talleres de hábitos saudables, de xestión emocional, de medioambiente e de ocio e tempo libre.
martes, 10 de mayo de 2022
O dado das emocións
Un dado das emocións é, en realidade, un recurso educativo cuxa función é a de que os nenos/as identifiquen os sentimientos máis comúns que poden ter e dediquen un tempo a pensar sobre eles. Por iso, adoitan contar coas emocións máis básicas, como son a sorpresa, a alegría, o medo e a tristura.
Os nenos/as sentados en círculo, cada un en orde van tirando o dado e van poñendo a cara que aparece nel. Pódese complementar dicindo situacións que lles provoquen esas mesmas caras.
martes, 3 de mayo de 2022
A Flor da Autoestima
É unha actividade que, ademais de desenvolver a autoestima, ten un lado creativo. Os nenos/as farán unha flor con 5 pétalos das cores que queiran. Posteriormente no centro colocarán o seu nome e unha cualidade positiva de eles/as mesmos.
lunes, 2 de mayo de 2022
2 de Maio Día Internacional contra o Acoso Escolar
O obxectivo de dita celebración é a de concienciar sobre o risco do acoso escolar aos nenos/as e mozos/as a nivel mundial, así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe converteuse nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.
Na etapa de Educación infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria utilizouse o libro "El club de los valientes".
Trátase dun conto ilustrado que fala sobre a valentía e a covardía. A historia desenvólvese dentro dun colexio calquera onde un neno por ser máis alto que os demais aprovéitase de todos quitándolles o bocadillo e todo o que se lle ocorre, pero un día pasa algo inesperado: un compañeiro revélase e crea un club xunto con outros nenos que foron molestados nalgún momento.
Dende ahí todo cambiará gracias á comunicación e a unión de todos.
En terceiro de educación primaria utilizouse o libre "¿Qué le pasa a Uma?.
No libro a autora acércase a un tipo de acoso escolar moito menos visible que o que utiliza a violencia, pero igual de duro nas súas consecuencias: o acoso que se vale da exclusión para marxinar ao diferente, ao que non se une "a todos os demais". E aínda que o libro está indicado para nenos/as un pouco máis maiores, é perfecto para comezar a tratar este tema con nenos/as de educación infantil (porque o acoso non entende de idades e nunca é demasiado cedo para comezar a falar sobre el), xa que falamos dun tipo de acoso moito máis sinxelo de entender para eles/as que o violento.
É sinxelo empatizar con Uma, que está triste e os seus pais pensan que é pola idade, que se está facendo maior. Pero a súa profesora Mercedes sabe que non é por eso, que ninguén se xunta con ela, que os seus compañeiros/as non parecen vela. E entón, dende a súa posición como docente, decidirá pasar á acción, dando aos seus alumnos/as (e de paso a todos/as e cada un de nos), dende o diálogo, unha preciosa lección de vida.
En cuarto de educación primaria realizouse unha explicación teórica do acoso escolar e aplicouse un cuestionario.
Rematamos cun visionado de cortos sobre o tema.










