Páginas

viernes, 29 de abril de 2022

Coordinación entre centros

Tendo en conta o establecido na Orde 8 de decembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Leí orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, Capítulo VI, artigo 90 a coordinación entre os centros docentes considérase un mecanismo de inclusión do alumnado, polo seu valor no coñecemento e no axuste inicial á realidade de cada alumno/a. En consecuencia, os centros docentes deben diseñar actuacións destinadas a facilitar e a obter ese coñecemento inicial. Debido a todo o anteriormente mencionado, dende a xefatura do departamento de orientación proporcionouse información ao CRA (orientadora) para preparar unha presentación para os futuros alumnos/as do noso centro.

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos

Aproveitando que o próximo día 2 de maio celébrase o día internacional contra o acoso escolar, hoxe tivemos a posibilidade de escoitar unha charla informativa sobre o tema. A charla foi impartida por unha persona experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Estivo dirixida ao alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria.

miércoles, 27 de abril de 2022

Visita ao CEE O Pino

A filosofía do centro é a de formar e capacitar para a vida,desenvolvendo ao máximo as potencialidades do alumnado para que sexan autónomos e felices.

martes, 26 de abril de 2022

A importancia da educación emocional

Os nenos/as que reciben unha educación emocional son rapaces/as que poden distinguir as emocións, ademais tamén poden controlalas e expresalas dunha maneira saudable. Controlando mellor os nosos sentimentos conseguimos xestionar mellor as situacións do noso día a día e construír unha vida moito máis estable e pacífica.

martes, 19 de abril de 2022

Identifica e representa as túas emocións

Como se manifestan no noso rostro as distintas emocións? Pensamos,ao mesmo tempo, que persoas,
cousas ou situacións que nos fan sentir desa maneira. Expresámolo por escrito. Desta maneira axudamos a recoñecer, expresar e xestionar os nosos sentimentos positivos e negativos.

martes, 5 de abril de 2022

Dani non quere ir ao colexio

Dani non quere ir ao cole. Cada vez que pensa en por un pé na aula, imaxínase cousas horribles: un monstrúo que lle ataca, unha rifa da profe...Queres axudalo a vencer os seus medos? Este libro, explica de forma clara e sinxela un fenómeno bastante común: o noso cerebro está prototipado para ser feliz e, cando atópase con dificultades na vida cotiá, desenvolve conductas que poden derivar en rexeitamento ou fobias. As aventuras de Dani serven para sumerxirnos nas emocións do neno e aprender sobre intelixencia emocional. A autora deste conto, Mar Romero é pedagoga e especialista neste campo, polo que a historia invita á reflexión e a aprendizaxe.